7 nov 2013

CÓMO SOA O GREGO?

Para os que tiñades curiosidade por saber cómo soa o grego, déixovos un exemplo: Dédalo e Ícaro (debuxos animados en grego moderno)




PRACTICAMOS O ALFABETO


1. EXERCICIOS INTERACTIVOS:

2. VÍDEOS:

  • O rap do alfabeto

  • E unha máis

13 nov 2010

A Civilización Minoica

Aquí tedes algúns vídeos sobre a civilización minoica. Fixádevos na maxestuosidade do palacio de Cnosos e no intrincado da súa construción, entendedes agora por que Sir Arthur Evans lle deu a esta cultura o nome de Minoica? Engado tamén o mito do Minotauro para os que non viñestes o venres.

9 nov 2010

A Acrópole de Atenas

Aquí tedes unha serie de vídeos onde podedes ver como era a Acrópole de Atenas e tamén como está na actualidade

8 nov 2010

Atenas reconstruída

Sei que algúns tedes moita curiosidade por saber como sería a antiga Atenas. Sobre todo, falabamos estes días da Acrópole e dos seus templos. Aquí vos deixo unha estupenda presentación feita polo profesor Alfredo García (do Ies Dionisio Aguado de Fuenlabrada) que vos vai axudar moito

Comezamos!

Queridos alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, benvidos ao blogue de Grego!
Esta será a partires de agora a vosa páxina. Nela poderedes atopar todo tipo de recursos relacionados coa materia de Grego e vainos servir de apoio para traballar, ampliar e comprender mellor todo aquilo que vaiamos vendo na aula.
Espero que a disfrutedes!